A bordo da Food Truck de Cata a lata percorreremos convosco, 7 etapas do Camiño de Santiago francés; ofrecendo as mellores tapas elaboradas con conservas de pescado e marisco: a enerxía extra diaria que todo peregrino precisa.
Unha lata en cada etapa…
De igual xeito que selas a famosa Compostela para acreditar o camiño, terás que facelo coa Compostelata. Acreditarás ter probado polo menos 4 das nosas tapas para entrar nun sorteo do máis especial.