Descripción del proyecto
– ATÚN –
en aceite de oliva
– ATÚN –
en aceite de oliva
Sabías que…
A maior parte dos atúns comerciais presentan tallas comprendidos entre os 50 e 150 cm. A pel é lisa e brillante con distintas tonalidades azuis prateadas e amarelas segundo a especie. En migracións percorren de 14 a 50 km diarios durante polo menos dous meses alcanzando velocidades de 70km/ h. Todos uns expertos en peregrinación. A variedade máis utilizada en conserva é o atún “ yellowfin”.
Valor nutricional 100g
Beneficioso para…
Os ácidos graxos Omega 3 axudan a manter a tensión arterial normal e ao funcionamento normal do corazón.
As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular e mantemento dos ósos en condicións normais.
O selenio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de uñas e cabelo, así como á función normal tiroidea.
A vitamina B12 contribúe entre outras funcións para diminuír o cansazo e fatiga.
Destaca por…
Alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA). Alto contido en proteínas, vitaminas B3, B6, B12, D e E.
Alto contido en minerais como fósforo e selenio.
Fonte de iodo.
– Atún claro con pataca de lima –
Ingredientes
– Atún claro en aceite de oliva
– Patacas
– Lima
– Sal
– Pementa
Elaboración
Asamos as patacas, unha vez asadas e en quente preparamos con elas puré. Engadímoslle lima, sal e pementa.
Para o empratado, poñemos de base a pataca con lima. Sobre ela o atún e decoramos cun xermolo.
– TRIACASTELA –
Sabías que…
Triacastela é a segunda das etapas que atravesa o roteiro turístico a ruta turística O Courel, tras atravesar O Cebreiro, a primeira cidade galega do Camiño de Santiago francés.
Aínda que non se pode verificar con exactitude, algúns escritos sinalan ao rei Alfonso IX de León como fundador de Triacastela.
A orixe do topónimo de Triacastela ten varias interpretacións.
Algúns historiadores afirman que o nome débese aos tres castelos (representados na torre da igrexa) e outros a tres castros, dos que se conservan restos arqueolóxicos que podemos observar ao descender a montaña.
Da influencia do Camiño de Santiago, consérvanse restos arqueolóxicos de arte sacra e edificacións que no seu día estiveron vinculadas ás peregrinacións: igrexas, mesóns, cárceres e antigos hospitais.
Que ver…
O castiñeiro centenario de Ramil
Á entrada de Triacasela, atópase o barrio de Ramil, onde atoparedes un castiñeiro de máis de oitocentos anos.
A Igrexa de Santiago de Triacastela
Data do S. XII, de orixe románico e estilo barroco rodeada por un pequeno cemiterio.
A Casa da Pedreira
Un antigo hospital do que se conserva gran parte da estrutura e que data da época de Alfonso IX.
O antigo cárcere
Triacastela contaba cun cárcere para peregrinos para quen se facía pasar por camiñantes como método para encubrir a súa mendicidade.
O Mesón do peregrino
Coñecido por ser un mesón-ferrería onde se daban comidas e arranxábanse as ferraduras daqueles que facían o Camiño a cabalo.