arzua mexilón gl

//arzua mexilón gl
arzua mexilón gl2019-09-26T08:50:48+00:00

Descripción del proyecto

MEXILLÓN
en escabeche

– MEXILLÓN –
en escabeche

Sabías que…

Bivalvo de aspecto alaranxado con cunchas negras e lisas. O mexillón das nosas costas alcanza os 8cm. Galicia sitúase como a única produtora de España e das máis grandes do mundo.

O cultivo de mexillóns en bateas é case un símbolo para Galicia e as súas rías.

Valor nutricional 100g

Beneficioso para…

O seu elevado contido en manganeso contribúe, entre outras funcións, ao metabolismo enerxético normal e ao mantemento dos ósos en condicións normais.

O seu elevado contido en vitamina B12 contribúe ao metabolismo enerxético normal e ao funcionamento normal do sistema inmunitario así como a diminuír o cansazo e a fatiga.

Presenta alto contido de fósforo que contribúe ao metabolismo enerxético normal, funcionamento normal das membranas celulares e ao mantemento de ósos e dentes en condicións normais.

Destaca por…

Alto contido en proteínas e en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA). Alto en vitamina B12. Alto contido en minerais como fósforo, manganeso e selenio.
Fonte de vitamina B3 e D.
Fonte de ferro, iodo e zinc.
Baixo contido graxas saturadas.

– Mexillón en emulsión do seu escabeche –

Ingredientes

– Mexillóns en escabeche
– Maionesa
– Xerminado

Preparación

Abrimos a lata de mexillóns en escabeche, retiramos todas as pezas e reservamos. Mesturamos o líquido do escabeche con maionesa para elaborar a emulsión.

Para o empratado, agregamos unha cullerada da emulsión sobre o recipiente e sobre a mesma apoiamos o mexillón e decoramos cun xerminado

– ARZÚA –

Sabías que…

Arzúa é recoñecida como a terra do queixo. Este protagonismo débese á D.O.P. Arzúa-Ulloa propia do municipio coruñés.

Historicamente, facíase referencia no Códice Calixtino a este municipio como un punto crave para a construción da Catedral de Santiago polos seus antigos fornos de cal.

Neste punto únense o camiño do norte e o camiño francés. Arzúa configura a última etapa antes de Santiago.

Unha das tradicións de peregrinación é a que se realiza a noite de San Juan no Muro das Estrelas.

Que ver…

Capela de la Madalena
Esta capela do S. XIV fundouse para atender a chegada de peregrinos.

Praza de Galicia
O punto de referencia de Arzúa é esta praza. Nela atoparás a Igrexa de Santiago e varios monumentos como o das Queseras.

Ermida da Mota
Na parroquia de Santo Estevo do Campo, escondida no bosque atopamos a milagrosa ermida do S.XIX.

WHERE WE WILL BE

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies