BASES LEGAIS DE «UNHA LATA SOLIDARIA»

/BASES LEGAIS DE «UNHA LATA SOLIDARIA»
BASES LEGAIS DE «UNHA LATA SOLIDARIA»2021-11-18T20:31:28+00:00

 

BASES LEGAIS DE “UNHA LATA SOLIDARIA”

 

Identificación da empresa organizadora

A empresa ANFACO- CECOPESCA, de agora en diante CATA A LATA, con domicilio fiscal en Crta. Colexio Universitario, 16, 36310 Vigo, Pontevedra e con CIF G36625309 organizou esta campaña titulada “Una lata solidaria”.

Datas de comezo e finalización do concurso e ámbito xeográfico

A data de inicio da campaña será o 17/11/2021 e finalizará o día 28/12/2021 ás 23:59 h. Poderase participar só nese período de tempo.

A campaña está dirixida a todos os usuarios que desexen participar.

CATA A LATA resérvase o dereito para aprazar ou ampliar o período da campaña en caso de forza maior, así como a facultade de interpretar os presentes termos e condicións legais.

Regras e condicións para participar

Poderán participar no concurso aquelas persoas físicas maiores de 18 anos.

Para participar, soamente deberán rexistrarse e xirar a ruleta solidaria.

CATA A LATA resérvase o dereito para efectuar cambios na campaña durante o seu desenvolvemento, se se producise algunha causa que impida levala a bo termo ou co fin de mellorar o seu avance.

Valor e natureza do premio ofrecido

Todas as tiradas á ruleta teñen premio, o premio que lles toque será materializado por ANFACO-CECOPESCA ao final da campaña e será doado ós Bancos de Alimentos de Galicia asociados a FESBAL.

CATA A LATA non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos ou calquera outra circunstancia imputable aos servizos de mensaxería que poidan afectar o envío dos premios.

Protección de datos de carácter persoal

Os datos fornecidos polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo a empresa CATA A LATA titular e responsable do devandito ficheiro, co obxectivo de:

• Xestionar as participacións.

CATA A LATA garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no concurso “Unha lata solidaria”, en especial no que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.

Penalizacións en caso de uso fraudulento

Entenderemos como fraude o intento de participación sen cumprir os requisitos anteriormente citados.

CATA A LATA resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado como manipulación ou falsificación do concurso.

CATA A LATA queda eximida de calquera responsabilidade por danos e prexuízos que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da aplicación mediante a que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios houberen podido atribuír á mesma e ao acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.

Cesións de dereitos de imaxe e/ou propiedade intelectual

Os datos persoais facilitados non se utilizarán para acadar ningún fin, moito menos comercial, únicamente para xestionar a participación.

Este concurso non está vinculado a ningunha plataforma ou rede social.

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O participante está a proporcionar a súa información e datos a CATA A LATA e non a Facebook.

Aceptación das Bases Legais

A participación no concurso implica a aceptación dos presentes termos e condicións legais. Calquera manifestación de non aceptación da totalidade ou parte das bases legais implicará a exclusión do participante e, como consecuencia diso, CATA A LATA quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con este participante.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies