BASES LEGAIS DE “UNHA LATA SOLIDARIA”
Identificación da empresa organizadora
A empresa ANFACO- CECOPESCA, de agora en diante CATA A LATA, con domicilio fiscal en Crta. Colexio Universitario, 16, 36310 Vigo, Pontevedra e con CIF G36625309 organizou esta campaña titulada “Una lata solidaria”.
Datas de comezo e finalización do concurso e ámbito xeográfico
A data de inicio da campaña será o 17/11/2021 e finalizará o día 28/12/2021 ás 23:59 h. Poderase participar só nese período de tempo.
A campaña está dirixida a todos os usuarios que desexen participar.
CATA A LATA resérvase o dereito para aprazar ou ampliar o período da campaña en caso de forza maior, así como a facultade de interpretar os presentes termos e condicións legais.
Regras e condicións para participar
Poderán participar no concurso aquelas persoas físicas maiores de 18 anos.
Para participar, soamente deberán rexistrarse e xirar a ruleta solidaria.
CATA A LATA resérvase o dereito para efectuar cambios na campaña durante o seu desenvolvemento, se se producise algunha causa que impida levala a bo termo ou co fin de mellorar o seu avance.
Valor e natureza do premio ofrecido
Todas as tiradas á ruleta teñen premio, o premio que lles toque será materializado por ANFACO-CECOPESCA ao final da campaña e será doado ós Bancos de Alimentos de Galicia asociados a FESBAL.
CATA A LATA non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos ou calquera outra circunstancia imputable aos servizos de mensaxería que poidan afectar o envío dos premios.
Protección de datos de carácter persoal
Os datos fornecidos polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo a empresa CATA A LATA titular e responsable do devandito ficheiro, co obxectivo de:
• Xestionar as participacións.
CATA A LATA garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no concurso “Unha lata solidaria”, en especial no que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.
Penalizacións en caso de uso fraudulento
Entenderemos como fraude o intento de participación sen cumprir os requisitos anteriormente citados.
CATA A LATA resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado como manipulación ou falsificación do concurso.
CATA A LATA queda eximida de calquera responsabilidade por danos e prexuízos que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da aplicación mediante a que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios houberen podido atribuír á mesma e ao acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.
Cesións de dereitos de imaxe e/ou propiedade intelectual
Os datos persoais facilitados non se utilizarán para acadar ningún fin, moito menos comercial, únicamente para xestionar a participación.
Este concurso non está vinculado a ningunha plataforma ou rede social.
Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O participante está a proporcionar a súa información e datos a CATA A LATA e non a Facebook.
Aceptación das Bases Legais
A participación no concurso implica a aceptación dos presentes termos e condicións legais. Calquera manifestación de non aceptación da totalidade ou parte das bases legais implicará a exclusión do participante e, como consecuencia diso, CATA A LATA quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con este participante.